BANDA
Nace en Agolada no 1980. Compositor, director e trompetista. Comeza os seus estudos musicais co seu pai a idade de 10 anos. Estudou nos Conservatorios de Lalín, Santiago de Compostela e Vigo. Foi membro de diversas Bandas populares Banda de Agolada, Banda de Lalín, Silleda. Ós 15 anos ingresa na Banda Municipal de Lugo. Así mesmo colabora con infinidade de agrupacións como: Colectivo Harmonia, Banda Sinfónica de Galicia …
Conta no seu haber con infinidade de arranxos e intrumentacións de diversos estilos, e composicións tanto camerísticas como para banda e orquestra sinfónicas.
No ano 2002 obtén praza na Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia. Formou parte da Orquesta de Cámara de Lalín e Orquesta de Práctica Orquestal da Sinfónica de Galicia. Colaborou tamén coa Orquesta de Cámara Galega, Orquesta Clásica de Vigo, Xoven Orquesta Sinfónica do Principado de Asturias, English Chamber Orchestra (coa que realizou unha xira por Cataluña, Valencia, Andalucía, Marruecos e Portugal) e a Real Filharmonía de Galicia, da que foi trompeta coprincipal durante duas tempadas. Realiza clases e cursiños de Dirección e Instrumentación con Mestres coma: Marcel van Bree, Javier Viceiro Filgueira, Óscar Navarro, José Rafael Pascual-Vilaplana, Jan Cober, Jan Van der Roost, Hardy Mertens, Johan de Meij, Bert Appermont ou Alex Schillings.
En 2009 foi seleccionado como director asistente da Banda Municipal de Barcelona, foi tamén director titular de diversas Bandas populares, coas que obtivo premios coma; 1º premio no Certame Nacional de Bandas de Música “Villa de Leganés” (Madrid_2004) e 1º premio no Certame Internacional de Bandas de Música “Vila de La Sénia” (Tarragona _2007). Foi tamén titular da Banda de Música de Pontevedra entre os anos 2009 a 2015, da Banda de Música Municipal de Boiro e da Escola e Banda Cultural de Salceda de Caselas entre os anos 2014 a 2024. Dirixiu a Agrupación “A nosa Música”, formada por cincuenta xoves músicos de tódalas Bandas da comarca do Deza (Pontevedra) e a Galicia Brass Band. É director da Banda Solidaria Galega, formada por cincuenta profesionais de diferentes ámbitos musicais de Galicia.
É director convidado por importantes agrupacións da xeografía galega como: a Banda de Música de Silleda, Banda de Lalín, Banda-Escola de Música de Beade, Unión Musical de Valladares, Banda do Conservatorio Profesional de Música de Lugo, Banda de Lanhelas (Portugal), Agrupación Musical do Rosal, Banda Sinfónica do Campus da FGBMP, Orquesta Sinfónica de Pontevedra, Banda Municipal de A Coruña ou a Banda Municipal de Barcelona, entre outras.
Realizou estreas absolutas e mundiais de obras dos Mestres: Casiano Mouriño, Simón Couceiro, Fernando Ruibal, Israel Quintas, Adrián Silva, Xabier Comesanha, Carlos Rodríguez, Adrián Saavedra, Carme Rodríguez, Abe Rábade … Asi como representacións das Zarzuelas “El Barberillo de Lavapiés” e “A Lenda de Montelongo” con transcripcións propias.
Ten recibido encargos de agrupacións e institucións tales como a Fundación Sanganxa, Banda de Vilatuxe, Agolada, Caldas de Reis, Salceda de Caselas, Pontevedra, Sober, Santa Cruz de Ribadulla, Silleda, Chantada, O Rosal. Compón para o ciclo de cámara “Galegos Hoxe”, Impromtu, estreada por Javier Simó Echarte , trompeta Solista da Real Filarmonía de Galicia así como tamén recibe un encargo da Excelma. Deputación de Pontevedra, “Iter per Gallaeciam”, obra obrigada no certame provincial de Bandas de Música de Pontevedra.
Dende 2004 é Profesor instrumentista na Banda Municipal de Santiago de Compostela e artista Adams dende o ano 2018.